A ANPA do CEIP Párroco Don Camilo organiza este ano unha excursión de convivencia en familia ás Illas Cíes.

DATAS
Data: 22 xuño 2025
Saída do porto de Vigo: 10:15 h
Regreso 20:00 h
Os horarios poden sufrir variación. Deberase presentar no porto de Vigo 30min antes do horario de saída e 30 min antes da hora de regreso na zona de embarque das Cíes.

PREZOS
Desde a navieira envíannos estes prezos para socios.
• Grupo de 30 a 80 pasaxeiros 11,90 €
• Grupo de 81 a 115 pasaxeiros 10 €
• Grupo de máis de 116 pasaxeiros 8,30 €

Nenos ata 4 anos inclusive non pagan billete.
Non socios: incrementarase 1€ á tarifa que consigamos chegar.
Para que o prezo sexa o mais baixo posible, necesitamos que convidedes ao maior número de persoas, familiares, amigos, veciños…

Nota: son socios todas as persoas conviventes co alumno socio.

A data límite para inscribirse será ata o 15 de maio. Unha vez que teñamos o número definitivo de pasaxeiros comunicarémosvos o prezo final, e habilitarase un período dunha semana para pagar.

INSCRICIÓN : Formulario de Inscripción

Hai que cubrir un formulario por unidade familiar.

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN : Xoves 15 de maio 2025 as 23:59h

Compartir