Na órbita da igualdade

Boas familia,
Como xa vimos abordando no programa do pasado ano, este ano seguimos coas actividades das axudas económicas ás Anpa destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
Grazas a este programa este ano temos varias actividades no centro en horario escolar abordando a convivencia, a corresponsabilidade e a educación sexual.
Paralelamente a ANPA organizará para as familias unha intervención presencial de 2 horas de duración con persoal experto en educación sexual que consistirá nun obradoiro participativo no que as familias podamos entender conceptos básicos de sexualidade adaptada á etapa vital na que se atopan as nosas crianzas.
Ainda así, como sabemos cada familia é única e ten necesidades concretas, para isto está habilitado un correo electrónico de referencia (amaturigabinete@gmail.com) e un teléfono (623911212) para dar resposta individualizada a consultas concretas que podan xurdir ao longo dos meses que dura o programa (outubro e novembro) para as familias socias da ANPA. Este asesoramento “on line” será totalmente confidencial e se levará a cabo de forma asíncrona coas persoas profesionais encargadas do programa.
Esperamos que as actividades deste ano teñan a boa acollida do ano pasado e que podamos seguir avanzando no acompañamento do alumnado do centro.

Compartir