SAÍDA ANUAL ANPA – Illas Cíes 2026

A ANPA do CEIP Párroco Don Camilo organiza este ano unha excursión de convivencia en familia ás Illas Cíes.

DATAS
Data: 13 Xuño 2026
Saída do porto de Vigo: 11:00 h
Regreso: 19:30 h
Os horarios poden sufrir variación. Deberase presentar no porto de Vigo 30min antes do horario de saída e 30 min antes da hora de regreso na zona de embarque das Cíes.

PREZOS
Desde a navieira envíannos estes prezos.
• Socios ANPA: 10,50 €
• NON Socios ANPA: 12,50€

Nenos ata 2 anos inclusive non pagan billete.

Nota: son socios todas as persoas conviventes co alumno socio.

data límite para inscribirse será ata o mércores 27 de Maio. Unha vez que teñamos o número definitivo de pasaxeiros, comunicarémosvos e habilitarase un periodo dunha semana para pagar (entre o xoves 28 de Maio e martes 2 de Xuño)

INSCRICIÓN : Formulario de Inscripción

Hai que cubrir un formulario por unidade familiar.

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN : Mércores 27 de maio 2026 as 23:59h

Compartir