A A.N.P.A. do C.E.I.P. Plurilingüe Párroco Don Camilo, coa colaboración do C.E.I.P. Párroco Don Camilo, Concello de Vigo, Comesaña Sporting Club e Agrupación Xóvenes Atletas, organiza o XXXIV Cross Escolar Párroco Don Camilo, que se celebrará o día 15de marzo de 2026 a partir das 10:30 horas no propio centro escolar e transcorrerá polas rúas de San Andrés de Comesaña.
As inscrición de tóda las categorías pecharanse sen excepción ás 23:59 horas do día 5 de marzo de 2026. Toda solicitude de inscrición chegada con posterioridade a data peche será rexeitada.
Os dorsais serán entregados o domingo día da carreira no colexio, ata 30 minutos antes de cada carreira, na zona habilitada para a recollida.
Este Cross forma parte do calendario de carreiras da Liga de Croses Escolares de Vigo que organiza Xóvenes Atletas en colaboración co Concello de Vigo. Cada neno/a que participe representando ao seu colexio contará para o premio que se lle outorgará (na última carreira Vigo Corre) aos 3 colexios con máis participantes durante todas as carreiras que forman a liga.
Calquera dúbida poderá consultar mandando un mail a: cross@anpaparrocodoncamilo.org

HORACATEGORÍAAÑODISTANCIACIRCUITO
10:30SUB 14 - INFANTIL MASCULINO2013-20141600 metrosA
10:45SUB 14 - INFANTIL FEMININO2013-20141600 metrosA
11:00SUB 12 - ALEVIN MASCULINO2015-20161100 metrosB
11:15SUB 12 - ALEVIN FEMININO2015-20161100 metrosB
11:25PAIS800 metrosC
11:35NAIS800 metrosC
11:45SUB 10 - BENXAMIN MASCULINO2017-2018800 metrosC
11:55SUB 10 - BENXAMIN FEMININO2017-2018800 metrosC
12:05SUB 8 - PREBENXAMIN MASCULINO2019-2020500 metrosD
12:15SUB 8 - PREBENXAMIN FEMININO2019-2020500 metrosD
12:25PITUFOS MASCULINOS2021200 metrosE
12:35PITUFOS FEMININOS2021200 metrosE
12:40OLÍMPICOS MASCULINOS2022 - 2023100 metrosF
12:50OLÍMPICOS FEMININOS2022 - 2023100 metrosF
13:00ENTREGA TROFEOS
13:30SORTEOS


Desde as 10:00, o acceso pola Estrada Matamá Pazo ao colexio estará pechado ao tráfico.
Recomendamos aparcar en 3 sitios diferentes:

  • no Parking Bar Xulia na Estrada Camposancos, 45 e arredores, tal e como se ve na imaxe adxunta (liñas vermellas). Poderá subir por Camiño Tombo (liña azul) ata a Igrexa e virando á esquerda, chegar á baixada do Colexio.
  • na Estrada Matamá Pazo-Comesaña, 162: no aparcadoiro de terra situado ao comezo da Estrada Matamá-Pazo entrando por Estrada Camposancos, xunto a Gruas Orvi. Despois seguir camiñando pola Estrada Matamá-Pazo ata a Igleasia e a baixada ao Colexio.
  • ao longo do Camiño Sanín, desde o comezo ata a SRD Nautilius e o seu aparcadoiro posterior de terra.

Compartir