A igualdade pinta ben

Boas familias,

Este ano continuamos co proxecto de actividades encadradas nas axudas económicas ás Anpas destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero .
Este programa ten tres eixos de acción a corresponsabilidade, as novas tecnoloxías e a educación sexual.

Grazas a este programa tivemos unha actividade de corresponsabilidade nas aulas mediante unha xincana na que o alumnado de educación infantil tiña que facer as labores do fogar, abordando así a convivencia, a corresponsabilidade e a coeducación.

Paralelamente a ANPA organizou un obradoiro para as familias nunha intervención presencial na que tratamos o tema das novas tecnoloxías e as crianzas.
Igualmente que os pasados anos estivemos nas aulas de primaria traballando co alumnado cuestións de educación sexual, que ano tras ano imos fortalecendo e consolidando nos conceptos de diversidade, familia, consentimiento, etc.

Por outra banda temos a disposición uns vídeos na nosa web acerca de todos estes temas e tamén temos un servizo de asesoramento sexolóxico para as familias que desexen facer uso de esta proposta do Gabinete Sexolóxico Amaturi, no que as familias serán atendidas individualmente xa que sabemos que cada familia é única e ten necesidades concretas, para isto está habilitado un correo electrónico de referencia (amaturigabinete@gmail.com) e un teléfono (623911212) para dar resposta individualizada a consultas concretas que podan xurdir ao longo dos meses do curso (2025-2026) para as familias socias da ANPA. Este asesoramento “on line” será totalmente confidencial e se levará a cabo de forma asíncrona coas persoas profesionais encargadas do programa.
Esperamos que as actividades teñan unha boa acollida e que podamos seguir avanzando no acompañamento do alumnado do centro.

Compartir