Tal e como sucedeu o curso pasado, estas axudas destínanse a calquera escolar de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial que curse estudos “en centros docentes públicos e privados concertados sitos en Vigo”, pero nesta ocasión engádese a Formación Profesional Básica.
Plazo : desde o xoves 23 ao venres 24 de decembro
Estas bolsas están destinadas a alumnos matriculados en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica e Educación Especial, en centros docentes públicos e privados concertados situados en Vigo. Ademais, tamén poderán obter a axuda aqueles alumnos empadroados en Vigo e matriculados noutros municipios.
Os requisitos para solicitar a axuda son, principalmente, que o alumnado estea matriculado nalgún dos niveis xa mencionados, que o solicitante conviva cos alumnos e presentar a documentación nos prazos establecidos. En canto ao proceso de solicitude, só aceptarase unha solicitude por unidade de convivencia e o prazo de resolución será de nove meses desde a data de finalización de presentación de solicitudes.
A solicitude poderá facerse por vía telemática (preferente) a través da sede electrónica do Concello de Vigo ou de forma presencial, para a que será necesario cumprimentar o formulario de solicitude habilitado na páxina web do Concello e posteriormente presentalo no Rexistro Xeral Municipal do Concello de Vigo, xunto á documentación.
Documentación:
- DNI, NIE ou pasaporte da persoa solicitante (só para solicitude presencial)
- Libro de familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar, coas súas datas de nacemento
- Volante de empadroamento familiar só para os solicitantes non empadroados en Vigo
- Certificado de matrícula do centro escolar
- Documento acreditativo do IBAN da conta bancaria da persoa solicitante
Para máis detalle das bases, pódeas consultar aquí