Normas Comedor curso 2024/25

NOTIFICACIONS DO COMEDOR 604083485

CONDICIONS XERAIS

ART. 1º -ÁMBITO DE APLICACIÓN:

As normas do servizo de comedor afectarán ós nenos matriculados no Párroco Don Camilo, curso académico que sexan solicitantes ou usuarios do comedor, sendo previamente socios da ANPA e estando ao corrente de pago do seguro escolar para este curso académico.

ART.2 VIXENCIA:

As normas aquí reguladas, estarán en vigor dende a súa aprobación no Consello Escolar , a proposta da Xunta Directiva da ANPA, de 15 de outubro de 2024 e estarán vixentes
indefinidamente.
No caso de ser modificadas serán novamente informadas as familias.
Os prezos de servizo de comedor, están no ART.9. E poderá variar cada curso escolar, o que será posto en coñecemento das familias.

ART.3 USUARIOS:

Os usuarios do comedor poderán establecerse en catro tipos:

  1. Nenos /as bolseiros : son aqueles que previa petición a Consellería de Benestar Social do Concello de Vigo se lles concedeu una beca para o comedor.
  2. Nenos /as fixos non bolseiros: Son aqueles nen@ dos que se coñecen exactamente os días que mensualmente come no comedor [5, 4, 3, 2, 1 dias á semana]ou ben semanas alternas.
  3. Nen@s fixos de programación mensual: son aqueles nen@s que non comen sempre o mesmo número de días ao mes no comedor. Deben comunicar á ANPA, os días que precisan na última semana do mes anterior.
  4. Nen@s eventuais: son aqueles nen@as que fan uso do comedor de xeito esporádico.

Art. 4- RESPONSABLE [S] DA XESTIÓN DO COMEDOR

A Xunta Directiva da ANPA designará a una persoa ou varias persoas responsables de coordinar, xestionar e controlar o bo funcionamento do servizo de comedor.
Dita ou ditas persoas servirán de enlace entre país/nais, coidadoras,colexio,ANPA,FOANPAS,e o cátering. Calquera circunstancia que as familias desexenmanifestarlles deberá
presentarsepor escritobotica escolar, á ANPA no correo:
comedor@anpaparrocodoncamilo.org

A/o responsable de comedor da ANPA levará a cabo as seguintes función:

  • a) Responsabilizarse da documentación d@s ususari@s do comedor.
  • b) Facer visible e actualizado un cadro cos teléfonos de urxencia: bombeiros, policía local, centro de saúde, ambulancia,etc.
  • c) Farase cargo da revisión da reposición dos distintos elementos que compoñen a botica escolar, así como a revisión da data de caducidade.
  • d) Reunión con FOAMPAS a principio de curso.
  • e) Comunicar a ANPA e a Dirección as deficiencias que poidan presentar as instalacions do comedor escolar.
  • f) Comprobar se se respectan as normas de convivencia e comunicar a ANPA e a Dirección as incidencias que se produzcan, asi como o rexistro das mesmas
  • g) Comunicar telefónicamente as familias en caso de accidente ou disposición dalgún neno ou nena ususari@de comedor.
  • h) No caso de non estar presente, esta función poderá facela calquera das monitoras.
  • i) Responsabilizarse diariamente de comunicar ao catering dos imprevistos que poidan xurdir: anulacións de comidas, dietas, etc.

Criterios para acceder ao servizo de comedor:

Todo alumnado que desexe acceder o servizo de comedor deberá estar libre de calquera débeda con dito servizo e coa ANPA Parroco don Camilo.

Art .5 SOLICITUDES:

A directiva da ANPA establecerá un prazo para a entrega de solicitudes do servizo de comedor.
1º prazo aprox. dende 20 de maio ata 5 de xuño.
2º prazo aprox. 11 de septembro ata o 25 de setembro.

Art . 6 INSCRIPCIÓNS:

Para facer a inscripción e ser usuari@ do comedor escolar é OBRIGATORIO [sexas bolseiro ou non ]

  • Ser socios da ANPA
  • Cubrir e presentar o impreso de solicitude debidamente cuberto
  • Cubrir a folla de autorizados dentro dos prazos estabrecidos. En caso de separación, divorcio ou circunstancias na que un dos proxenitores non poida recoller ao neno/a ou poida facelo só en día concretos, deberase informar por correo electrónico a comedor@anpaparrocodoncamilo.org
  • Manter actualizados os datos facilitados na incripción, e comunicar calquera cambio.
  • Comunicar as baixas do servizo, antes do día 20 do mes anterior
  • Os nenos que teñan algún problema de saúde, deberán presentar ademáis a seguinte documntacion:
    • Informe médico, e autorización médica conforme poda asistir ao servizo de comedor
    • Protocolo de primeiros auxilios.
  • O alumnado dispondrá dun menú axeitado as súas necesidades tanto por motivos médicos, relixiosos,…sempre que así o soliciten na incripción
  • Porase en conocimiento da ANPA calquera outra información salientable do alumnado que van utilizar o servizo de comedor. Por exemplo as restricións na recollida de nenos.
  • Non ter débedas coa ANPA ao remate do curso escolar anterior[ 30 de Xuño]

Art .7 SOLICITUDES DE AXUDAS O COMEDOR E SINATURADAS MESMAS

Para os /as nen@s bolseir@s

  • Nos primeiros meses de cada ano a Consellería de Benestar Social do Concello de Vigo convoca axudas para comedor
  • Os requisitos e prazos da convocatoria anunciase nos medios de comunicación
  • O colexio só notifica os prazos nos que sae as devanditas bolsas.
  • As solicitudes deben presentarse directamnte no CONCELLO.
  • O Concello, a través dos Servizos Sociais, notificará ao colexio a concesión de bolsas e o alumnado subvencionado.
  • O Concello envía un impreso ao colexio coa relación do alumnado subvencionado para ser asignado polo solicitante da bolsa.

SISTEMA DE PAGO DO SERVIZOO DE COMEDOR

Art. 8 SISTEMA DE PAGO:

O sistema de pago é o seguinte:

  • O pago farase mediante transferencia bancaria : ES0720805133563040005149
  • O pago dos recibos do comedor farase ao finalizar o mes nos 15 primeiros días de cada mes seguinte (a excepción de xuño que se pagará co recibo de maio). No caso de non facelo o neno non podrá seguir asistindo ao comedor.
  • NO CASO DAS FAMILIAS QUE SOLICITARON A BECA DE COMEDOR DO CONCELLO, SE NA DATA DO COMEZO DO MESMO, AINDA NON HAI RESOLUCIÓN AO RESPECTO, DEBERÁN ABOAR O MES COMO CALQUERA USUARIO.UNHA VEZ PUBLICADAS E RECIBIDOO INGRESO DAS BECAS, A ANPA REENVOLSARÁ O IMPORTE CORRESPONDENTE.
  • OUTRA OPCION É NON FACER USO DO MESMO ATA RESOLUCIÓN OFICIAL.

Os usuari@s do comedor terán que abonar a tarifa mensual que establezca FOANPAS:

As tarifas deste curso son:
5 días ————— 82,50 €
4 días ————— 68,50 €
3 días ————— 54 €
2 días ————— 37 €
1 día —————- 19 €

Os /as alumn@s que fagan uso do comedor esporádicamnte, é dicir ,que non coman días fixos na semana se lle cobrará 6 €, xa que non poden ser beneficiarios/as das axudas que permiten abaratar os custes.

Art. 9 NORMAS E OBRIGAS DOS USUARIOS DO COMEDOR

  • Os alumnos accederán ao comedor trasladándose dende as súas aulas acompañados polo profesorado do CEIP, e non abandonarán en ningún caso o centro.
  • Aqueles usuari@s que, por causas especiais, non se atopen no centro a hora de entrar no comedor deberán facelo acompañados polo seu pai, nai, titor comunicando @s monitoras á súa chegada.
  • Entrar en orde e sen berrar no comedor.
  • Os/as ne@s tratarán con respeto ós seus compañeir@s e as/os coidadoras/es e observarán un comportamento axeitado na mesa.
  • Os/as nen@s non poderán traer alimentos nin bebidas ó comedor.
  • Os/as nen@s deberán comer, ainda que sexa una cantidade pequeña de TODOS os alimentos que se sirvan no comedor.
  • Os/as nen@s faranse responsables dos seus obxetos persoais.
  • Os/as nen@s que utilicén o comedor deberán ser autónomos e poder utilizar a culler,garfo,pano de mesa e a partir se Primeiro de Primaria o cóitelo.
  • A organización do comedor custidiará e coidará ao alumnado que fai uso deste servizo de 14:00 a 15.55 horas.no plan madruga, o servizo será de 7.30 a 9:00
  • Fora deste horario, a monitorase no ten obriga de custodia quedando o alumnado co profesor de garda, en caso de que esté no centro,ou se non se procederá a chamar a policía para que realice a custodia.
  • As portas do colexio permanecerán pechadas das 14:00 ás 16:00 horas
  • Antes de entrar no comedor, tod@s @s nen@s lavaran as mans.
  • Prestarase especial atención ao labor educativo promovendo hábitos alimentarios, sociais e de hixiene.
  • Durante este tempo velarase polas normas xerais do centro.
  • Todos @s alumn@s comerán o mesmo menú, agás @s que necesiten dietas brandas eos menús especiais aconsellados polo médico correspondente. Se hai alguna intolerancia a certos alimntos deberán dicilo e compañar informe médico
  • Deixar as mochilas e abrigos nos lugares indicados.
  • Esperar tranquilos na mesa a que se sirva a comida.
  • Os /as alumn@s deberán comportarse axeitadamente na mesa coidando a posturae mailos modais.
  • Seguir as normas sociais establecidas á hora de comer: usar correctamente os utensilios, utilizar pano de mesa, masticar coa boca prechada, non falar coa boca chea…
  • Pedir as cousas por favor e grazas
  • Falar en voz baixa e repetando os demais
  • Non xogar cos cubertos nin coa comida.
  • O alumnado cooperará na recollida das mesas e cadeiras, despois da comida.
  • Os/as usuari@s de comedor deberán permaneces nos seus sitios ata que as monitoras as/os autoricen a saír á zona establecida.
  • Sempre haberá un/a monit@r vixiando ao alumnado nestes espazos
  • O alumnado deberá comprender que as/os coidadore/as do comedor son @s responsabes durante ese tempo, de tal xeito que respectarán e obedecerán as súas indicacións.
  • As actuacións do alumnado que non estean acorde a estas normas comunicaranse a Xefatura de Estudos e /ou Dirección.
  • O persoal contará con telefonía móvil e dispondrá dos teléfonos de tódalas familias dos usuarios. O número de teléfono de comedor é: 604 08 34 85.
  • Calquera incidencia entre país/nais/ titores co as monitoras será comunicado á ANPA mediante correo : comedor@anpaparrocodoncamilo.org ou no teléfono: 686 54 99 24

Art. 10 ASISTENCIA E PUNTUALIDADE.

  • É de obrigado cumplimento a asistencia todos os días que figuran na solicitude.
  • No caso de ausencia por un ou varios días é necesario comunicarlo á ANPA no teléfono 604 08 34 85, o día anterior a calquera hora, ou o mesmo día en horario de 9:00 a 9:15.
  • Non se farán devolucións
  • Todos os usuarios que necesiten ou queiran vir un día a máis deberán avísalo con 3 días de antelación
  • É obrigatorio tamén avisar o centro dos cambios no servizo de comedor, xa que a xestión de comedor é independiente da do centro.
  • PARA OS NENOS BOLSEIROS AS FALTAS DE ASISTENCIA AO COMEDOR DE CATRO DÍAS CONTINUADOS E SEN XUSTIFAR, LEVARÁ A ANULACIÓN DA AXUDA.
  • A persoa encargada de recoller ó/á nen@do comedor deberá facelo coa máxima puntualidade, e dicir, antes das 15:55 horas.
  • Se non hay profesor de garda no centro, se procederá a chamar a policía para que realice a custodia do mesmo.
  • As monitoras non darán aos nen@s a ninguna persoa que non figureno formulario de inscripción ou estea autorizado por escrito.
  • Todolos país/nais que dexesen que os seus fillos/as volvan sós a casa, deberán firmar una autorización expresa que lles dará a ANPA.

Art. 11 MOTIVOS DE SANCIÓN OU EXPULSIÓN

Comportamento incorrecto:
No caso reiterado de que os nen@s comporten incorrectamente as monitoras informarán a ANPA para que ésta tome a oportuna decisión.

Os casos de maior gravidade serán notificados á Dirección do centro convocando a comisión de Convivencia, e se é necesario ao Consello Escolar podendo chegar á expulsión do comedor polo tempo qque se estime oportuno.
As alteraciós de convivencia no comedor diferenciámolas en leves ,gravas e moi graves

CONSIDÉRANSE LEVES :

  • Calquera acto que perturbe o normal desenvolvemento do comedor.
  • Manifestar unha actividade pasiva ou negativa ante os avisos ou correccions.
  • Calquera acto de incorrección e desconsideración cara os outros membros.
  • Causar pequenos danos nas instalacions

As medidas correctivas serán realizadas polos propios monitores que están presentes nese momento e no caso de reincidencia, serán comunicadas á ANPA Iinformarase ao pai/nai ou titor do conportamento do ne@.

CONSIDÉRANSE GRAVES

  • As faltas reiteradas de asistencia sen xustificar.
  • Os actos de incorrección ou desconsideración cos compañeiros ou membros de comedor
  • Os danos graves causados por uso indebido ou intencionadamente nos locais do comedor
  • A reiteraciónno mesmo trimestre de dous ou mais faltas leves.
  • O incumprimento da sanción imposta dunha falta leve

As monitoras informarán a ANPA do comportamento indebido e ésta informará a dirección do centro e xuntos tomar medias correctivas axeitadas.
Por exemplo a suspensión do dereito a xogar ao patio.

CONSIDERANSE MOI GRAVES

  • Os actos graves de indisciplina, desconsideración, insultos, falta de respecto ou actitudes desafiantes,cara os demais compañeiros ou membros do comedor.
  • O acoso físico ou moral dos compàñeiros
  • O uso da violencia, as agresións as ofensas graves ou os actos que atenten gravemente contra os compañeiros ou membros do comedor
  • A discriminación, as vexacións ou as humillacions a calquera membro ,xasexan por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, orientación sexual, opinión ou calquera outra condición o circunstancia persoal ou social.
  • A grabación, publicidade ou difusión, a través de calquera medio de agresións ou humillacións.
  • Os danos graves causados intencionadamente nas instalacions
  • Introdución no comedor de sustancias ou obxetos perxudiciais para a saúde.
  • A reiteración no mesmo trimestre de dous o máis faltas graves
  • O incrumprimento da sanción imposta dunha falta grave
  • O retraso da recollida do alumnado, despois das 15.55 sen previo aviso dúas veces nunha semana, ou catgro no mesmo mes.

A ANPA informará a Dirección do centro convocando a Comisión de convivencia e ao Consello Escolar para tomar medidas oportunas, sendo motivo de expulsión do comedor.

Art 12 PROCEDEMENTO SANCIONADOR

Para as faltas leves e graves, a familia recibirá una comunicación por escrito ,na que constarán os feitos e a súa corrección. A ANPA será competente para a imposición das sancións,
informando a Dirección do Centro.
Nas faltas moi graves, as familias recibirá una comunicación por escrito na que constará os feitos e a súa corrección. A ANPA solicitara a convocatoria da Comision de Comedores, a
Dirección de Centro ,e se fose necesario, o Consello Escolar,órgano competente para a imposición das sancións correspondentes.
Ao tratarse dun procedemento sancionador a cuota mensual non se vera alterada salvo expulsión maior dun mes ou difinitiva.
Este Regulamnto foi aprobado porla Xunta Directiva da ANPA.

Compartir