Apúntate o IX Cross Escolar Colexio Frian (19 Novembro 2023)

domingo 19 de novembro, a partir das 9h, terá lugar a IX edición do Cross escolar do colexio Frian «Correndo pola Igualdade«. Este ano, ademáis, o tema do PDI do noso cole Frian son as Olimpiadas, así que agardamos facer un cross moi divertido no que participe moita xente.

Para participar, teredes que cubrir este formulario (antes do 4 de novembro): 

https://forms.gle/gsGHNiT5T48TaVNd6

¡¡ IMPORTANTE !!
– Hai que cubrir un formulario por cada participante, tanto sexa neno/a ou adulto.
– Entregarase avituallamento no Cross, de ser o caso de ter algunha alerxia é importante indicalo .

Haberá as seguintes categorías en función do ano de nacemento:
– Pitufos masculino e feminino (nados no 2018, 2019 e 2020))
– Pre-Benxamín feminino (nenas nacidas no 2017-2016)
– Pre-Benxamín masculino (nenos nacidos no 2017-2016)
– Benxamín feminino (nenas nacidas no 2015-2014)
– Benxamín masculino (nenos nacidos no 2015-2014)
 Alevín feminino (nenas nacidas no 2013-2012)
– Alevín masculino (nenos nacidos no 2013-2012)
– Senior feminino (persoas nacidas a partir do 2011)
– Senior masculino (persoas nacidas a partir do 2011)

¡Haberá trofeos para os/as 1º, 2º e 3º clasificados e clasificadas de cada categoría!. ¡E haberá medallas para todos os participantes! ¡E sorteos co número de dorsal!

Unha vez rematada a data de inscripción enviaremos un mail a todos os participantes co horario do evento e de participación das categorías.

Compartir