44º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través

O Comesaña Sporting Club organizará en Vigo o próximo día 26 de novembro, patrocinio do Concello de Vigo, máis a colaboración da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, o “44º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través” en San Andrés de Comesaña, “Molinos”, á beira do campo de fútbol de “A Xunqueira”.

Nas categorías Sub-16 e menores (Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín), e baixo o patrocinio dá Xunta de Galicia, celebrarase conxuntamente a “Fase Zonal de Vigo do Deporte en Idade Escolar” clasificatoria para os Ctos. Provinciais de Campo a Través do Programa Xogade.

Senón podes participar, anímache a vir velo e gozar dunha mañá de auténtico Cros.

Compartir