Liga Escolar Natación 2024 – 1ª Jornada

Un ano mais, a Concellería de Deportes do Concello de Vigo e a Fundación Vide, coa Dirección técnica do Club Natación Rías Baixas, poñen en marcha a xa consolidada Liga de Natación Escolar Concello de Vigo, que neste ano 2024 cumpre a súa oitava edición.

Desde a ANPA pensamos que por primeira vez no noso colexio, sería interesante que todos aqueles alumnos de primaría que saiban nada, poidan pasar 1,2, ou 3 divertidas mañás practicando un deporte que lles gusta e acompañados dos seus amigos.

Datas:
–  1a Xornada: 28 de xaneiro
– 2a Xornada: 17 de marzo
– 3a Xornada: 26 de Maio

Sede : Piscina Municipal do Carme (Complexo Municipal das Travesas).

Horarios: As xornadas desenvolveranse entre as 9.00h e as 14.00h

Categorías:
– Promesas: Anos de nacemento: 2016, 2017 e 2018.
– Benxamíns: Anos de nacemento: 2012, 2013, 2014 e 2015.

Probas da primeira xornada:
– 25 metros libres mixtos Promesas
– 25 metros espalda mixtos Promesas
– 25 metros libres mixtos Benxamín
– 25 metros espalda mixtos Benxamín

La participación e aberta y gratuita.

Poderas descargar o regulamento aquí

Inscrición : Desde a organización, requírese unha autorización asinada polos pais. Para evitar desprazamentos ata a ANPA, o procedemento será:
– Para cada un dos alumnos interesados en participar, deberase cubrir un formulario de preinscrición (pechado período de inscrición). Data límite de inscrición, venres 12 de Xaneiro de 2024 ás 23:59
– Durante a semana do 15 ao 18 de Xaneiro chegaralle na mochila do seu fillo a autorización que deberá devolver asinada máximo o xoves 18 de Xaneiro

Para calquera dúbida, poderá responder a este correo ou escribir a liganatacion@anpaparrocodoncamilo.org

Compartir