44º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través

O Comesaña Sporting Club organizará en Vigo o próximo día 26 de novembro, patrocinio do Concello de Vigo, máis a colaboración da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, o “44º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través” en San Andrés de Comesaña, “Molinos”, á beira do campo de fútbol de “A Xunqueira”.

Nas categorías Sub-16 e menores (Cadete, Infantil, Alevín e Benxamín), e baixo o patrocinio dá Xunta de Galicia, celebrarase conxuntamente a “Fase Zonal de Vigo do Deporte en Idade Escolar” clasificatoria para os Ctos. Provinciais de Campo a Través do Programa Xogade.

Senón podes participar, anímache a vir velo e gozar dunha mañá de auténtico Cros.

Apúntate o IX Cross Escolar Colexio Frian (19 Novembro 2023)

domingo 19 de novembro, a partir das 9h, terá lugar a IX edición do Cross escolar do colexio Frian «Correndo pola Igualdade«. Este ano, ademáis, o tema do PDI do noso cole Frian son as Olimpiadas, así que agardamos facer un cross moi divertido no que participe moita xente.

Para participar, teredes que cubrir este formulario (antes do 4 de novembro): 

https://forms.gle/gsGHNiT5T48TaVNd6

¡¡ IMPORTANTE !!
– Hai que cubrir un formulario por cada participante, tanto sexa neno/a ou adulto.
– Entregarase avituallamento no Cross, de ser o caso de ter algunha alerxia é importante indicalo .

Haberá as seguintes categorías en función do ano de nacemento:
– Pitufos masculino e feminino (nados no 2018, 2019 e 2020))
– Pre-Benxamín feminino (nenas nacidas no 2017-2016)
– Pre-Benxamín masculino (nenos nacidos no 2017-2016)
– Benxamín feminino (nenas nacidas no 2015-2014)
– Benxamín masculino (nenos nacidos no 2015-2014)
 Alevín feminino (nenas nacidas no 2013-2012)
– Alevín masculino (nenos nacidos no 2013-2012)
– Senior feminino (persoas nacidas a partir do 2011)
– Senior masculino (persoas nacidas a partir do 2011)

¡Haberá trofeos para os/as 1º, 2º e 3º clasificados e clasificadas de cada categoría!. ¡E haberá medallas para todos os participantes! ¡E sorteos co número de dorsal!

Unha vez rematada a data de inscripción enviaremos un mail a todos os participantes co horario do evento e de participación das categorías.

A igualdade pinta ben

Dende a ANPA Párroco Don Camilo presentamos a campaña:

A IGUALDADE PINTA BEN

«Moi boas familias despois da información sobre a discriminación interseccional comezamos un novo goteo de coñecemento. A temática é sobre a educación sexual das nosas crianzas, un tema que nos parece fundamental. A aobordaxe é dende unha perspectiva positiva, adaptada á súa etapa vital e dende a naturalidade.»