Normas Comedor curso 2023/24

NOTIFICACIONS DO COMEDOR 604083485

  1. Tódos os usuarios deste servizo deberán aboar o importe nos primeiros 15 días do mes seguinte, exclusivamente por transferencia bancaria Abanca ES07 2080 5133 5630 4000 5149. A factura de Xuño pagaráse xunto coa de MAIO.
  2. Todos os usuariosque queiran vir algún día a máis,( pagarán o mesmo prezo), deberán avisar al menos con 3 días de antelación
  3. As tarifas deste curso son: Comedor 4,63€ os fixos e 6€ esporádicos.
  4. Será motivo de baixa no servizo de comedor se non se cumpre cos pagos.
  5. Se un/ha nen@ vai faltar ou necesita algún día dieta branda, ten a obriga de avisar de antemán a ANPA, no teléfono 604083485, o día antes ou, antes das 9:00 h do mesmo día.
  6. Se @ nen@ presenta cadro de intolerancia alimentaria, ou que polas súas condicións sanitarias teña que levar unha dieta especial, os seus pais/nais/titores deberán comunicarllo a ANPA e traer xustificante médico.
  7. Non se farán devolucións.
  8. É obrigatorio avisar tamén ao centro dos cambios no servizo de comedor; xa que a xestión da ANPA é independente da do centro.
  9. Para darse de baixa ou cambiar os días do servizo, hai que avisar por adiantado antes do día 25 do mes anterior.
  10. O comedor comeza ás 14h. e a recollida d@s nen@s será en tres tandas: Unha as 15:30h , outra as 15:45 h e outra as 15:55
  11. Ningún nen@ poderá saír só do comedor, agás que o pai/nai/titor entregue unha autorización asinada indicándoo. É obrigatorio a comunicación ao centro e a ANPA da persoa responsable da recollida d@s nen@s  (potestade, divorcios, intrusismo, etc.), de cara á máxima protección d@ menor, e identificarse cando se lle solicite.
  12. No comedor non poderá quedar ningún/a nen@ que non vaia a comer, nin tampouco persoas alleas, tan só monitoras e delegadas
  13. Os nen@s que non se comporten axeitadamente, tanto co resto do alumnado, coma co persoal, serán advertid@s e se avisará á Dirección do Colexio para que tome as medidas oportunas; se as faltas son repetitivas ou graves poderáse solicitar a súa expulsión ante a Comisión de Convivencia e o Consello Escolar.
  14. Calquera incumprimento reiterado destas normas, terá como consecuencia a baixa do servizo no mes natural a seguir dos incumprimentos.
  15. Non se pode traer baixo ningún concepto comida de fóra (tampouco tartas de aniversario, biscoitos, etc). A comida do comedor/aula madruga é suficiente.
  16. Calquera incidencia entre pais/nais/titores cas monitoras será comunicada á ANPA.
  17. Segundo as normas do Concello de Vigo, lembramos que @s nen@s becados que teñan máis de tres faltas de asistencia ao comedor sen xustificar, perderán a súa beca.
Compartir