Benvidos ao curso 2023/24

ANPA Párroco Don Camilo informa.

Queremos darvos a benvida a este novo curso 2023-24. Desde o ANPA xa levamos un tempo traballando para poder ofrecer como todos os anos os servizos de Madruga, Comedor e Actividades Extraescolares.

Para apuntarse a calquera destas actividades xestionada pola ANPA, será necesario ser soci@ da asociación.
Interesados contactar en : anpaparrocodoncamilo@hotmail.com

Axudas Municipais de libros, material escolar e comedor (5-30 xuño)

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publica este luns 29 de maio as bases da convocatoria de axudas para a compra de material escolar, libros de texto e comedor de fronte ao próximo curso 2023/2024. Estas bolsas, promovidas e financiadas polo Concello de Vigo, diríxense a familias con fillos matriculados en centro públicos e privados-concertados, que cursen a segunda etapa de Educación Infantil, Educación Primaria ou a ESO e estean empadroados en Vigo.

As axudas son de dous tipos. Por unha banda, hai un paquete de axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (segunda etapa, de 3 a 5 anos). Enténdese como material escolar todo aquel que sexa necesario para o desenvolvemento do curso académico, como mandilóns, mochilas, uniformes e demais.
El otro paquete de ayudas es el de comedor, que se extiende de septiembre a junio y consiste en una cuantía mensual. Podrán percibir esta beca los alumnos matriculados en la segunda etapa de Infantil, en Primaria y en ESO.

As solicitudes poderán presentarse desde o luns día 05 de xuño ao venres 30 de xuño: 



Menú Comedor Xuño 2023

ANPA Párroco Don Camilo informa.

Xa tedes á vosa disposición os menús do comedor do mes de Xuño.

Podedes consultalos facendo click aquí.

Bo proveito

Excursión á Illa de Ons

A Anpa do CEIP Plurilingüe Párroco Don Camilo organiza este ano unha nova excursión en familia á Illa de Ons.

FECHA : 25 de Xuño
PORTO SAÍDA : Vigo
HORA SAÍDA : pendente confirmación (presentarse no porto de saída 30 minutos antes)
HORA REGRESO : pendente confirmación (presentarse no porto 15 minutos antes)

PREZO
Soci@s : 11€
Non Soci@s : 13€
Nen@s ata 12 anos inclusive : De Balde

INSCRICIÓN : Formulario de Inscripción

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN : Xoves 8 de Xuño

Unha vez cuberto o formulario, deberase realizar o ingreso do importe da viaxe na conta da ANPA :
ES84 2080 5133 5330 4000 0224
PAGO : Poñer como concepto : EXCURSIÓN ONS 2023 – NÚMERO DE PASAXEIROS – NOME DO NEN@ SOCI@.
Hai que cubrir un formulario por unidade familiar.

RECORDATORIO: Son socios todas as persoas conviventes co alumn@ soci@.

Se tes algunha dúbida, mándanos un mail a : excursiones@anpaparrocodoncamilo.org

Coñece Ons a través de internet : https://isladeons.es/

Apúntate ao Campamento de Verán no CEIP Párroco Don Camilo

Campamento Verán 2023 Colexio Párroco Don Camilo

ANPA Párroco Don Camilo informa

Neste ano 2023, desde o ANPA, coa autorización do colexio e a xestión de Cocofante, decidiuse organizar un Campamento de Verán para os meses de Xuño, Julio, Agosto e Setembro nas instalaciones do Colexio Párroco Don Camilo.

QUE IMOS FACER?
Neste campamento, imos pasalo xenial. Os máis cativos van entrar no centro de adestramento de superheroes e superheroínas; ademais visitaremos o espazo,
construiremos o noso propio circo e adentrarémonos na ciencia con experimentos tolos. Encanto aos maiores, farán xincanas moi divertidas, xogos de rol e moitas
actividades cargadas de diversión e aventuras.

COMO DEBO INSCRIBIRME?
Antes denada, se tede salgunha dúbida chamade e volaresolveremos. Cando xa esteades convencidos,tedes que cubrir a FICHA DE INSCRICIÓN

Aquí vos deixamos toda a información (Horarios, prezos, descontos, …)
Detalles campamento verán

Mais info :
– Tfno : 665990515
– Email : parrocodoncamilo@cocofante.es
– Web : https://www.cocofante.es/

Apúntate o XLV Cross Coutada Beade (14 Mayo 2023)

A ANPA Coutada-Beade, ten o pracer de convidar ós nenos e nenas a participar no XLV CROSS ESCOLAR COUTADA-BEADE que se organizará o vindeiro domingo 14 de mayo de 2023 a partir das 10:30 horas e que se desenvolverá no centro escolar e arredores.

Para a inscrición enviar un correo electrónico á ANPA anpacoutada@yahoo.es cos datos do nen@ (nome e apelidos, data de nacemento, categoría e sexo)

Data límite de inscripcion: 5 de Mayo

As categorías participantes e orde das probas son as seguintes:

202305-RegulamentoCrossCoutadaBeade